Ir o contido principal

Teléfono: 982124002

E-mail: info@concellodebarreiros.com

    • Galego Galego
    • Español Español
Inicio
  • Inicio
  • Concello
    • Corporación municipal
    • Directorio
    • Portal de transparencia
    • Contratación
    • Ordenanzas
    • Taboleiro de anuncios
    • Noticias
    • Axenda
  • Servizos
    • Sede electrónica
    • Aula de Informática CEMIT
    • Aviso de incidencias
    • Biblioteca
    • Carpeta de documentos
    • Caixa de suxestións
    • Centro Sociocultural
    • Deportes
    • Emprego
    • Escola Infantil Municipal
    • Información catastral
    • OMIX
    • Protección Civil - 112
    • Punto limpo
    • Rexistro
    • Rexistro Civil
    • Servizos sociais
    • Urbanismo
    • Xulgado de Paz
  • Municipio
    • Introdución
    • Historia
    • Parroquias
    • Mapas
    • Teléfonos de interese
    • Mobilidade e transporte
  • Turismo
    • Como chegar?
    • Praias
    • Montaña
    • Patrimonio
    • Camiño Norte de Santiago
    • Sendeirismo
    • Hostalaría
    • Gastronomía
    • Festas
    • Galería multimedia
    • Vídeo promocional
  • Contacto

BARREIROS RENOVARÁ OS PARQUES INFANTÍS DE SAN MIGUEL, A AGOLADA E SAN BARTOLO

Data de publicación: 
martes, 10 Setembro, 2019 - 13:32

O contrato menor de mantemento e reforma de parques infantís, que se realiza ao abeiro da subvención da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, foi adxudicado definitivamente en Xunta de Goberno Local o pasado 2 de setembro, por un importe de 25.912,15€.

Barreiros, 10 de setembro de 2019.  Os traballos, subvencionados nun 70% pola administración autonómica, consistirán na renovación das pezas, pavimentos e peches nos parques infantís situados no núcleo de San Miguel, na Agolada en Benquerencia e no San Bartolo.

A adxudicación realízase tras a solicitude de seis ofertas, catro polo anterior goberno que deixou iniciado o procedemento e outras dúas polo executivo municipal actual, que decidiu na primeira Xunta de Goberno celebrada en xullo a ampliación de solicitudes de ofertas. Desas seis ofertas solicitadas, foron presentadas cinco delas.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “o orzamento inicial do proxecto ascendía a 42.711,75€, cantidade máxima pola que as empresas podían concorrer. Tras a apertura dos sobres que contiñan as ofertas, dúas delas ofertaban esa mesma cantidade; outra, 42.600 euros; unha cuarta, 42.475,01€ e a última, 25.912,15 euros; resultando adxudicataria das obras tras ter xustificado tecnicamente a súa oferta e sendo informada favorablemente pola técnica municipal.”

Con esta adxudicación o aforro para as arcas públicas con respecto á cantidade prevista é de case 16.800 euros, dos que máis de 5.000 euros son aforro para o Concello de Barreiros. Ana Ermida manifesta que “o feito de realizar os procedementos tal e como se establecen legalmente supón que na realidade poida existir un aforro importante, porque se fomenta a competencia empresarial e iso redunda na obtención de mellores ofertas, tal e como aconteceu neste caso; xa que se non se tivese ampliado a solicitude de ofertas polo novo goberno, o aforro con respecto ao previsto inicialmente serían 236,74 euros. “

O goberno municipal prevé a realización dos traballos antes de finais de ano, dado que o prazo de execución será dun máximo de dous meses desde que se asine a acta de comprobación do replanteo.

Categorías:

  • Concello
Otras noticias: 
TANGO CON NOVA POESÍA EN BARREIROS
XORNADA DE FORMACIÓN LOPD- AULA CEMIT
A AULA CEMIT DE BARREIROS ORGANIZA UN CURSO PARA APRENDER A USAR O SMARTPHONE
O TANGO SOARÁ ESTE DOMINGO, 21 DE FEBREIRO, NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.
DOAZÓN DE SANGUE EN BARREIROS

Páxinas

  • « primeira
  • ‹ anterior
  • …
  • 48
  • 49
  • 50
  • 51
  • 52
  • 53
  • 54
  • 55
  • 56
  • seguinte ›
  • última »

 

Concello de Barreiros
Aviso legal | Política de cookies


Horario de atención ó público:
Horas: 9 a 14 horas.
Días: luns a venres.


Deseño e desenvolvemento: Madialeva

Concello

  • Corporación municipal
  • Directorio
  • Portal de transparencia
  • Contratación
  • Ordenanzas
  • Taboleiro de anuncios
  • Noticias
  • Axenda

Servizos

  • Sede electrónica
  • Aula de Informática CEMIT
  • Aviso de incidencias
  • Biblioteca
  • Carpeta de documentos
  • Caixa de suxestións
  • Centro Sociocultural
  • Deportes
  • Emprego
  • Escola Infantil Municipal
  • Información catastral
  • OMIX
  • Protección Civil - 112
  • Punto limpo
  • Rexistro
  • Rexistro Civil
  • Servizos sociais
  • Urbanismo
  • Xulgado de Paz

Municipio

  • Introdución
  • Historia
  • Parroquias
  • Mapas
  • Teléfonos de interese
  • Mobilidade e transporte

Turismo

  • Como chegar?
  • Praias
  • Montaña
  • Patrimonio
  • Camiño Norte de Santiago
  • Sendeirismo
  • Hostalaría
  • Gastronomía
  • Festas
  • Galería multimedia
  • Vídeo promocional