Venres, 24 de Maio de 2013
Ir a Inicio Avisos Axenda de eventos Opinión Mapa da web Directorio correo electrónico Directorio telefónico Plano de Barreiros Galería fotográfica Imprimir Axuda

O concello de Barreiros, con 72,16km2 de extensión situase na franxa norte da provincia de Lugo, denominada "A Mariña" Lucense.

A súa situación xeográfica entre o mar, con finísimos arenais de ata 8 km de lonxitude e a montaña, podémola tildar de privilexio natural, que invita a pasar longos periodos vacacionais.

Casa do Concello

Aparece formado por las parroquias de S.Cosme de Barreiros (capital do Cocnello),San Pedro de Benquerencia, S. Miguel de Reinante, Santiago de Reinante, Celeiro de Mariñaos, S. Xusto de Cabarcos, S. Xulían de Cabarcos e Villamartín Pequeño.

A capital do concello, San Cosme de Barreiros, situada a 40 metros de altitude, dista 90 km da capital provincial, Lugo.

As súas principais vías de comunicación son: a N-634 Santiago-San Sebastián e a liña férrea Ferrol-Gijón de FEVE que atravesa este concello costero, ademáis hai varias liñas de autobuses diarios a Lugo e Coruña.

Financiado pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia Deseñado por Megabyte Desarrollo Web